jueves, 14 de febrero de 2008

EL GAMELÁN DE JAVA Y BALI. GAMELAN GONG KEBYAR.

O GAMELÁN. Gamelan gong kebyar


O GAMELÁN DE JAVA E BALI
O gamelán é unha orquestra de instrumentos de percusión orixinaria de Indonesia. Hai dous tipos de gameláns: o da illa de Bali (máis vigoroso) e o da illa de Xava. Non é música para ser escoitada en si mesmo, non son habituais os concertos. Acompañan cerimonias, danzas tradicionais, teatro danzado ou teatro wayang (sombras).
Xava e Bali son dúas illas do Pacífico e Índico situadas enriba de Australia. Indonesia é un gran arquipélago con máis dun millar de illas das que 992 están habitadas, case cada illa ten a súa propia lingua e cultura o que proporciona a Indonesia unha gran diversidade cultural non allea as múltiples influencias máis ou menos amigables da: a. Cultura china dende o século III a.c. b. Da cultura Mongol c. Da Árabe d. Da europea. Portugueses, holandeses, ingleses…. empezan a exercer o seu influxo a partir do século XVI a través das emigracións, comercio e conflitos bélicos.
A pesar de non existir unidade cultural entre o gran número de illas do archipielago, Bali, Xava e Sunda comparten a orquestra do gamelán. O término gamelán procede do xavanés “gamel” que significa golpear e fai referencia a un conxunto instrumental que pode variar entre 3 e 75 (outros falan de hasta 30) o máis compoñentes e que nas versións máis tradicionais tocan só:
METALÓFONOS: O máis chamativo dun gamelán pola súa estética, o seu son, e a súa técnica interpretativa. Hai varios tipos. Saron. Con láminas de bronce sobre caixas de madeira que actúan como resoadores. Tócanse con mazos de madeira ou óso e amortígüase o seu son agarrando a lámina cos dedos tras ser golpeada ó tempo que se percute a seguinte. Son os encargados de interpretar o tema melódico. Hai tres tamaños. Gender: Con láminas delgadas de bronce e cobre suspendidas con cordas sobre tubos de resonancia, encárganse de adornar a liña melódicas. Tamén hai tres tamaños. GONGS: BONANG. Gongs alombados de bronce (recordan a cazolas), colócanse sobre cordas atadas a un bastidor de madeira e tócanse con palillos almofadados, teñen a función de puntuar e adornan o tema melódico dos saróns. Son de tres tamaños e reciben nomes onomatopeicos que recordan o seu son. TAMBORES: KENDANG Tambor cilíndrico de dous parches atados con correas. Dirixe o gamelán. Os tambores de dobre parche solen ser dous, bátense coa man. Un tócao o director do grupo, marcan o ritmo da orquestra e fan máis claros os temas. Con frecuencia contan tamén con outros instrumentos como: FRAUTAS: Suling: Frauta de pico INSTRUMENTOS DE CORDA FRETADA: Rebab, fretado cun arco, é de dúas cordas. INSTRUMENTOS DE CORDA PULSADA. Celempung. Cítara de 26 cordas. VOZ HUMANA feminina, coro masculino ou mixto.
Poucos músicos son profesionais non hai virtuosismo.




TEATRO DE SOMBRAS WAYANG.

Debemos recordar que la música del gamelán no fue concebida para ser escuchada solamente, acompaña actos religiosos, danzas, procesiones o como en este caso, hace de banda sonora del teatro de sombras o wayang.